O autor

 

Carlos Lorenzo Pérez (Caracas, 1968) é xestor cultural, fotógrafo, deseñador gráfico e creador audiovisual.

Desde neno sentiuse atraído pola fotografía, mais é desde 1997 cando a toma máis en serio formándose na Escola Municipal de Fotografía de Carral (A Coruña). Desde entón “experimentación” é a palabra que define o seu proceso creativo.

Ademais de ter participado en varias exposicións colectivas, coa colección Asómate! comeza un itenerario en solitario por varias salas de Galicia e que formou parte das mostras do Outono Fotográfico de Ourense. Co poeta e artista plástico, Baldo Ramos, co que comparte unha Celanova de raíces familiares e de espírito inspirador,  realiza o proxecto A Ramallosa, unha serie de fotografías que conviven coa pintura e os versos, e que ademais de tres series únicas, se converteu nun libro con textos de, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Mentres desenvolve a súa traxectoria como xestor cultural, Carlos Lorenzo ten na fotografía un medio de expresión artística, unha ferramenta para o deseño gráfico e un recurso para a ilustración de libros, publicacións, discos, folletos, carteis e webs.

Dirixe un plan de recuperación de fotografías antigas de Carral , que leva por nome Fotos para as mil historias de Carral, no que mistura as súas facetas de xestor cultural e fotógrafo. Un dos produtos deste programa é un libro no que se presentan os resultados dos seus traballos.

Xunto coa poeta Olga Patiño emprende outro proxecto poético-fotográfico co nome de Territorio Acoutado. Unha exposición itinerante e un libro editado por Espiral Maior é o resultado deste proxecto feito público no ano 2017.

No 2018 está prevista a publicación dun libro con imaxes de Celanova acompañadas de textos de José María Paz Gago e Xulio López Valcárcel. O libro, co título “Celanova ten unha foto”, será editado pola Deputación de Ourense.

No ámbito audiovisual formouse na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Ten participado en varios proxectos como guionista e en tarefas de produción (Unha viaxe rodada; Acceso libre; Mellor viaxar –todos con IB Cinema-; e Terra das Mariñas: proxecto Proder II –con Inicia-.

No 2018 estreou o documental “Vértice de versos”, do que é produtor, guionista e director.

 

*******

Carlos Lorenzo Pérez (Caracas, 1968) es gestor cultural, fotógrafo, diseñador gráfico y creador audiovisual.

Desde niño se sintió atraído por la fotografía, pero es desde 1997 cuando la toma más en serio formándose en la Escuela Municipal de Fotografía de Carral (A Coruña). Desde entonces “experimentación” es la palabra que define su proceso creativo.

Además de haber participado en varias exposiciones colectivas, con la colección Asómate! comienza un itenerario en solitario por varias salas de Galicia y que formó parte de las exposiciones del Otoño Fotográfico de Ourense. Con el poeta y artista plástico, Baldo Ramos, con el que comparte una Celanova de raíces familiares y de espíritu inspirador, realiza el proyecto A Ramallosa, una serie de fotografías que conviven con la pintura y los versos, y que además de tres series únicas, se convirtió en un libro con textos de, entre otros, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Mientras desarrolla su trayectoria como gestor cultural, Carlos Lorenzo tiene en la fotografía un medio de expresión artística, una herramienta para el diseño gráfico y un recurso para la ilustración de libros, publicaciones, discos, folletos, carteles y webs.

Dirige un plan de recuperación de fotografías antiguas de Carral, que lleva por nombre Fotos para as mil historias de Carral, en el que mezcla sus facetas de gestor cultural y fotógrafo. Uno de los productos de este programa es un libro en el que se presentan los resultados de sus trabajos.

Junto con la poeta Olga Patiño emprende otro proyecto poético-fotográfico con el nombre de Territorio Acoutado. Una exposición itinerante y un libro editado por Espiral Maior es el resultado de este proyecto hecho público en el año 2017.

En el 2018 está prevista la publicación de un libro con imágenes de Celanova acompañadas de textos de José María Paz Gago y Xulio López Valcárcel. El libro, con el título “Celanova tiene una foto”, será editado por la Diputación de Ourense.

En el ámbito audiovisual se formó en la Escuela de Imagen y Sonido de A Coruña. Ha participado en varios proyectos como guionista y en tareas de producción (Un viaje rodado; Acceso libre; Mejor viajar –todos con IB Cinema-; y Terra das Mariñas: proyecto Proder II –con Inicia-.

En el 2018 estrenó el documental “Vértice de versos”, del que es productor, guionista y director.

 



error: Content is protected !!