A poesía galega reúnese para a estrea de Vértice de Versos

A longametraxe documental Vértice de Versos fará a súa primeira presentación ao público este venres, 23 de marzo, no Centro Cultural A Fábrica de Santa Cristina, en Oleiros. É unha produción de Carlos Lorenzo, que tamén dirixe o documental, no que interveñen 19 poetas e especialistas, que debullan o que ten acontecido nos últimos anos na poesía galega e analizan cal é o camiño que está a tomar esta modalidade literaria.

Cuestións como a presenza da muller na poesía galega, a vídeopoesía, o valor que se lle outorga á nosa lírica fóra das fronteiras de Galicia, as novas formas de expresión poética ou as incertezas do seu futuro, son algunhas das que se tratan en Vértice de Versos. Ademais incídese na obra e traxectoria de catro figuras da poesía actual, como son Emma Pedreira, Baldo Ramos, Yolanda Castaño e Gonzalo Hermo.

A estrea en Oleiros terá lugar ás 21:00 h, organizado coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Oleiros e coa presenza anunciada de Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e de Cristina Carrión, xefa territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña da Xunta de Galicia. Estarán presentes tamén boa parte das escritoras e escritores que interveñen no documental, así como membros do equipo técnico que fixo posible esta produción.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad