Vértice de Versos preséntase en Carral e Celanova

Despois da estrea en Oleiros, o documental Vértice de Versos preséntase nas localidades de Carral e de Celanova, en colaboracións cos Concellos destes dous municipios.

A Casa da Cultura de Carral acollerá a proxección o venres 6 de abril, ás 20:30 h. A entrada é de balde pero é necesario que as persoas interesadas en asistir retiren previamente os seus convites, xa que as localidades son limitadas. A presentación en Carral correrá a cargo do director Carlos Lorenzo.

No caso de Celanova a proxección realizarase ás 19:30 h. do sábado 7 de abril no magnífico Auditorio Municipal Ilduara. Presentando Vértice de Versos estarán os dous celanovenses deste proxecto audiovisual, Baldo Ramos e Carlos Lorenzo. A entrada á presentación é de balde.

Tanto o Concello de Celanova como o de Carral prestaron a súa colaboración para que esta produción se puidera levar a cabo.

 

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad