A Biblioteca Rego da Balsa de Carballo acolle a proxección de Vértice de Versos

Presentado polo director Carlos Lorenzo e pola poeta Rosalía Fernández Rial, Vértice de Versos proxectarase o venres 11 de maio na Biblioteca Pública Rego da Balsa en Carballo.
O inicio do documental está previsto para as 19:30 h, e ao seu remate establecerase unha conversa co público para falar sobre poesía en xeral e sobre a galega en particular.
A Biblioteca ofrece Vértice de Versos para un público mozo e adulto. A entrada é de balde.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad