O Festival dos Eidos presentará Vértice de Versos

A Fundación Uxío Novoneira levará a cabo o IV Festival dos Eidos entre o 22 e o 28 de agosto de 2018 no Courel (Lugo). Serán cinco días dedicados á poesía, á música, á gastronomía e tamén ao audiovisual.

Na xornada de tarde do xoves 23 proxectarase Vértice de Versos (17:00 h.) na sede da fundación en Parada do Courel. Presentando o documental estará o seu produtor e director, Carlos Lorenzo. A continuación de Vértice de Versos proxectarase o tamén documental Versogramas, compartindo unha sesión de cine dedicada á poesía e os seus novos formatos.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad