Vértice de Versos obtén a calificación de obra recomendada para o fomento da igualdade de xénero

O ICAA (Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais do Ministerio de Cultura), ven de concederlle a Vértice de Versos a calificación de Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero. Esta distinción, da que toda a equipa do documental se sinte moi orgullosa, ven dado sobre todo pola relevancia que se lle outorga á muller na película, dado o seu especial protagonismo no panorama poético galego actual e que fica salientado na obra.

Así, a edición en dvd de Vértice de Versos que se está a preparar, contará co distintivo que concede o ICAA para as obras calificadas deste xeito.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento. Máis información

Este sitio web usa cookies para darte a mellor experiencia posíbel na túa navegación. Se continúas a utilizar este sitio web ou premes "Acepto" no banner de abaixo entón estas consentindo a ist

Close