Vértice de Versos subtitularase ao italiano

Ademais dos actuais subtítulos en castelán e inglés, Vértice de Versos contará cunha versión subtitulada ao italiano. 

O Centro de Estudos Galegos da Università degli Studi di Perugia manifestou o seu interese en contar co documental subtitulado ao idioma italiano, tanto para actividades didácticas como para público en xeral. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do profesorado da devandita universidade, prepararase a opción para que Vértice de Versos dispoña de versión subtitulada en italiano para que poida estar dispoñible no mes de novembro.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad