Xa están á venda os dvds de Vértice de Versos

O dvd de Vértice de Versos xa está a disposición do público.

Existen dúas versións. A orixinal ofrece o documental na súa duración total (65 minutos) coa posibilidade de subtítulos en castelán e inglés. Ten un prezo de venda ao público de 15 euros. A opción para Educación conta cunha versión de 50 minutos. Esta versión é exclusiva para o seu uso en centros de ensino e pódese exhibir públicamente nas aulas. No prezo desta versión (60 euros) xa están incluídos os dereitos de exhibición pública de xeito ilimitado, sempre e cando sexa no ámbito escolar.

A versión orixinal pódese adquirir en librarías ou solicitándoo a través da web do documental, segundo se indica no menú “Pedidos”. A edición para Educación véndese exclusivamente solicitándoa na web.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Pensando no interese de centros de ensino, bibliotecas, asociacións ou entidades culturais, ofrécese xunto coa posibilidade da proxección do documental, a opción de complementalo con coloquios co director e con participantes en Vértice de Versos, así como recitais ou concertos. 

Os centros interesados poden solicitar máis información a través do formulario de contacto da web.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad