O profesorado xa ten dispoñibles os solucionarios do material didáctico de Vértice de Versos

Co obxecto de facilitar o labor do profesorado que emprega o material didáctico de Vértice de Versos, xa poden solicitar os solucionarios que a produtora do documental pon de balde á súa disposición.

Os cinco recursos didácticos que se ofrecen na web, e que están tendo unha gran aceptación por parte dos docentes, foron deseñados pola profesora Teresa Seara e están dedicados a Baldo Ramos, Emma Pedreira, Gonzalo Hermo e á poesía galega contemporánea. Este material creouse como complemento ao documental para contribuír a un maior coñecemento da poesía galega máis recente, e dada a ausencia doutros recursos educativos necesarios para que no ensino secundario poidan traballar esta materia.

Para o uso correcto dos solucionarios solicítase que se acredite que é un profesional docente quen o require, sendo o xeito máis doado no caso do ensino público, indicar o enderezo electrónico do dominio edu.xunta.es.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad