As entrevistas de Vértice de Versos víronse 3000 veces

Desde que a web de Vértice de Versos ofrecera libremente as 19 entrevistas que se realizaron para o documental, reproducíronse 2983 veces ata o día de hoxe. Estes vídeos forman parte dos múltiples contidos audiovisuais que complementan o documental. Ademais das entrevistas ás persoas (poetas e expertos) que interveñen en Vértice de Versos, existen vídeopoemas e cancións, algúns deles realizados especificamente para a longametraxe.

A entrevista que máis visionados acumula é a realizada a Rosalía Fernández Rial con 396 reproducións, seguida da de Antía Otero con 257, Yolanda Castaño con 247 e Gonzalo Hermo con 245.

Para o equipo de Vértice de Versos é moi satisfactorio comprobar o interese que espertan estas entrevistas, que tratan sobre a poesía galega actual e que contribúen a difundir o coñecemento de boa parte das nosas autoras e autores. Son o complemento aos recursos didácticos para o ensino secundario que tamén se ofrecen libremente na web.


carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad