O festival Fala o Mar comeza con Vértice de Versos

A localidade pontevedresa de Combarro acolle o 5 e 6 de xullo a terceira edición do festival poético Fala o Mar, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Armadiña.

Vértice de Versos inaugura a programación coa proxección do documental e un coloquio posterior co seu director Carlos Lorenzo. Será o venres 5 de xullo ás 18:30 h, no Fogar Armadiña. A continuación no mesmo lugar, Ricardo de Barreiro presentará A+A en formato recital. Despois, ás 22:30 h, na praia do Padrón, ofrecerase unha performance de Helena Salgueiro.

Na xornada do sábado haberá un obradoiro de poesía conducido por Miriam Ferradáns, recitais de Cynthia Menéndez, Daniel Irimia, Lucía Novas, César Souto, Noelia Gómez e Rafa Lobelle, rematando o festival co Contrarrecital salvaxe de Lois Pérez.


carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad