Emma Pedreira, Xoán Curiel e Carlos Lorenzo presentan Vértice de versos a alumnado de Culleredo

O Concello de Culleredo, dentro do seu programa Educaculleredo, ofreceu para alumnado de 3º e 4º da ESO dos institutos Rego da Trabe e Branco Amor, unha sesión que incluía a proxección do documental, coloquio con Carlos Lorenzo, Emma Pedreira e Xoán Curiel, recitado de poemas e a interpretación de cancións con poemas galegos.

Os mozos e mozas que asistiron ao auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, foron moi participativos con numerosas preguntas, interesándose pola poesía e polos contidos da película, polos procesos do documental, polos proxectos futuros dos tres intervintes… Coas cancións de Xoán Curiel tiveron a oportunidade de acompañalo cantado poemas dos trobadores, ou descubrir unha lrica que conecta moi ben coa mocidade co poema recitado por Emma Pedreira, do seu Libro das Mentiras.

Este tipo de actividades, que xa se fixeron en Muros ou Compostela, estanse a demostrar coma unha interesante forma de achegarlle o coñecemento da poesía galega á mocidade. Nesa liña segue a traballar o equipo do documental cunha oferta de proxeccións e actividades dirixidas a concellos, bibliotecas, centros de ensino e equipos de normalización lingüística.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad