Vértice de versos ofrece propostas para bibliotecas, institutos e concellos

Co obxectivo de poder desfrutar mellor do documental e coñecer máis a fondo a poesía galega actual, Vértice de versos conta cunha ampla oferta de posibilidades para exhibirse en centros de ensino, bibliotecas públicas ou escolares e como actividade cultural ofrecida polos concellos. Ademais da exhibición do documental, cóntase ademais con actividades complementarias como o coloquio e recital de poetas que interveñen na película, o coloquio e actuación do autor da música, Xoán Curiel, e tamén existe a opción de contar conxuntamente con Curiel e Emma Pedreira. En todos os casos participa o productor e director de Vértice de versos, Carlos Lorenzo, para presentar a obra e participar no faladoiro posterior cos espectadores.

Algunhas destas actividades está incluídas nos programas Ler conta moito para as bibliotecas públicas, e na Rede Cultural da Deputación da Coruña para que poidan solicitalas os concellos da provincia no apartado Visións.

Vértice de versos tamén se está a exhibir como actividade para a igualdade de xénero, xa que conta co distintivo de “Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero” concedido polo Ministerio de Cultura.

As actividades con alumnado da ESO e Bacharelato (Muros, Santiago, Culleredo, Arteixo, Oleiros…) estanse a facer con gran éxito, acadando que a mocidade se interese pola nosa poesía, descubríndoa dun xeito diferente. en bibliotecas o éxito é semellante, presentándose a clubs de lecturas e público en xeral.

Para obter máis información sobre as actividades ofertadas, as institucións interesadas poden solicitar solicitala cun correo a carloslorenzo@verticedeversos.gal.

 

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento. Máis información

Este sitio web usa cookies para darte a mellor experiencia posíbel na túa navegación. Se continúas a utilizar este sitio web ou premes "Acepto" no banner de abaixo entón estas consentindo a ist

Close