A revista Insula Europea entrevista a Carlos Lorenzo

Carlos Lorenzo

Insula Europea, revista cultural on line que se dirixe e coordina desde Perugia, Italia, ven de realizar unha entrevista a Carlos Lorenzo, produtor e director de Vértice de versos, para abordar cuestións relacionadas co documental, coa situación actual da poesía galega e sobre futuros proxectos.

Vértice de versos está a obter unha excelente acollida en Italia, sobre todo naqueles ámbitos nos que existe especial interese pola cultura galega. Para a súa exhibición en Italia, o profesor Marco Paone colaborou cos traballos de tradución para o seu subtitulado en italiano. O documental tamén conta con versións subtituladas en castelán e inglés.

A entrevista a Carlos Lorenzo correu a cargo da profesora Inma Otero.

Para acceder á entrevista en galego prema aquí.

 

 

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento. Máis información

Este sitio web usa cookies para darte a mellor experiencia posíbel na túa navegación. Se continúas a utilizar este sitio web ou premes "Acepto" no banner de abaixo entón estas consentindo a ist

Close