Remata o tempo de libre visionado de Vértice de versos

Unha vez pasadas as semanas máis duras do confinamento provocado pola crise do Covid-19, volvemos á situación de visionado restrinxido de Vértice de versos en Vimeo.

Nestes dous meses houbo uns 1600 visionados do documental, e cónstanos que moitos foron por parte de alumnado de secundaria, que traballou a poesía galega vendo o noso documental.

Vértice de versos necesita agora continuar o seu percorrido comercial que nos permita emprender novos proxectos.

Se no momento en que cambia de estado a dispoñibilidade do documental en Vimeo coincide co tempo de traballo dalgún grupo escolar, o profesorado pode contactar a través do formulario da web http://verticedeversos.gal para ofrecerlle axuda e resolver a situación.

Aproveitamos para agradecer as múltiples mensaxes recibidas que nos felicitaban pola película ou que agradecían a súa dispoñibilidade para aproveitalo como recurso educativo en liña nestes tempos de gran esforzo docente por parte do profesorado galego. Nós queremos felicitalos a eles.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento. Máis información

Este sitio web usa cookies para darte a mellor experiencia posíbel na túa navegación. Se continúas a utilizar este sitio web ou premes "Acepto" no banner de abaixo entón estas consentindo a ist

Close