Novo vídeopoema na web de Vértice de versos

A sección de vídeos da web http://verticedeversos.gal ven de acoller un novo vídeopoema realizado por Carlos Lorenzo coa obra de Olga Patiño titulada Emerxe a luz distante por enriba do tempo…(Dombate). É o segundo que realiza o director cun poema de Patiño, coa que xa ten compartido outros proxectos, como Territorio Acoutado, un libro de poesía e fotografías convertido tamén en exposición e en libro de artista.

Con este novo vídeopoema vaise ampliando unha sección moi visitada na web do documental, na que atopamos outros basados en obras de Emma Pedreira, Baldo Ramos, Celia Parra, Rosalía Fernández Rial ou Yolanda Castaño.

 

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento. Máis información

Este sitio web usa cookies para darte a mellor experiencia posíbel na túa navegación. Se continúas a utilizar este sitio web ou premes "Acepto" no banner de abaixo entón estas consentindo a ist

Close