Os certames de poesía como motores dunha literatura propia

A Deputación da Coruña organizou o 9 de xuño de 2022 en Carral unha xornada sobre os certames galegos de poesía, aproveitando a celebración dos 25 anos do premio de poesía Concello de Carral.

Carlos Lorenzo foi o comisario da xornada e o responsable dun estudo sobre os concursos de poesía en Galicia que se presentou na mesma. Este estudo analiza unha trintena de certames obtendo conclusións que resultan de interese para o ámbito literario. Xunto co expresado nas mesas que conformaron a xornada, tamén se confeccionou un decálogo que sirve de guía para a organización de premios literarios no segundo cuarto so s. XXI.

Para acceder ao flyer co programa da xornada preme AQUÍ

Para acceder ao Estudo dos Certames Galegos de Poesía preme AQUÍ

Para acceder ao Decálogo para os certames galegos de poesía do segundo cuarto do s. XXI preme AQUÍ

 

Sesións en Youtube:

Apertura das xornadas e presentación do estudo dos Certames Galegos de Poesía

Presentación do estudio “Os certames de poesía en Galicia: unha análise das convocatorias actuais”.

Mesa redonda: A edición de poesía premiada 

Mesa redonda: Chámome poeta e preséntome a concursos 

Presentacións dos premios Miguel González Garcés e Concello de Carral 

Conferencia: 25 anos de poesía galega (Yolanda Castaño) 

Mesa redonda: O futuro dos premios de poesía 

 



Os comentarios están pechados.

Sistema de avaliación da política teatral no Concello de Carral
Os certames de poesía como motores dunha literatura propia
A tribo literaria en 2021
error: O contido está protexido !!
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad