A tribo literaria en 2021
No marco das celebracións dos 30 anos do Certame Manuel Murguía de Relatos Curtos que organiza o Concello de Arteixo, levouse a cabo unha mesa redonda titulada A tribo literaria en 2021, que serviu para reflexionar sobre a situación da literatura galega. Carlos Lorenzo participou cunha intervención coa ollada dun xestor cultural municipal que leva 24 anos organizando o Premio de Poesía Concello de Carral. A sesión estivo moderada polo escritor Alfredo Ferreiro e participaron tamén o editor Henrique Alvarellos, o profesor e escritor Henrique Rabuñal e o xornalista Xosé Manuel Pereiro.
A mesa redonda está dispoñible en Youtube e a publicación final das intervencións feita polo Concello de Arteixo premendo aquí.