O centro Ágora da Coruña acollerá a estrea de Cardoña fotos a 7 pesetas o xoves 23 de marzo. A proxección estará presentada polo seu director e produtor, Carlos Lorenzo, coa presenza de boa parte do equipo artístico e técnico.

A proxección estará aberta ao público con acceso de balde ata completar a capacidade da sala.