O Festival Internacional FESCILMAR ven de facer pública a selección de filmes que participarán nas diversas seccións oficiais. ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ forma parte das 11 curtametraxes que competirán na sección de documentais.
FESCILMAR – Festival Internacional de Curtametraxes, abre a súa sesión España na súa terceira edición, con proxección en Venezuela; difundindo e promocionando a cinematografía venezolana, latinoamericana e mundial en dous países simultaneamente. Mostrando obras cinematográficas que entreteñen, e exercen unha influencia educativa en nenos, novos e público xeral. As proxeccións levaranse a cabo no Teatro Cajigal en Barcelona (Venezuela) os días 1 e 2 de setembro de 2023.
