Cardoña fotos a 7 pesetas formou parte das películas seleccionadas na 45ª Semana de Cine de Lugo, na sección Homenaxes.
O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu a proxección do documental despois de que a Agrupación Fotocinematográfica Fonmiñá, organizadora do festival lugués, rendera homenaxe ao fotógrafo Anxo Arias, de Foto Oliver en Viveiro, e a José Gestal ‘Cardoña’. No caso do fotógrafo carralés, foi a súa filla Matilde Gestal a que recolleu a peza coa que simbolizan o valor do seu legado.

No acto tamén participou o director Carlos Lorenzo que quixo salientar o valor do traballo feito polos fotógrafos populares que no pasado século percorrían o rural galego, deixándonos un tesouro documental esencial para comprender a sociedade dos nosos antergos.
A Semana de Cine de Lugo é o festival audiovisual máis antigo de Galicia, organizado ininterrumpidamente desde 1979 polo mesmo equipo humano do Grupo Fonmiñá, é o primeiro festival galego no que se presenta Cardoña fotos a 7 pesetas.