O OUFF28, que se desenvolverá en Ourense do 29 de setembro ao 9 de outubro de 2023, escolleu ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ para proxectalo na súa sección non competitiva de Sesións Especiais. O Cineclube Padre Feijóo acollerá este ciclo. No caso da nosa película, presentarase o martes 3 de outubro ás 22:00 h. nunha sesión compartida con outro documental galego.
Para o director de ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’, Carlos Lorenzo, a participación no Ourense Film Festival é de especial significado. xa que sendo de Celanova, tomar parte no OUFF28 é facelo na casa. Carlos Lorenzo recoñece que o festival tivo especial interese para que o documental estivera presente nesta edición.
