O xurado do festival brasileiro All That Moves ven de premiar a Carlos Lorenzo como Mellor Director de Curtametraxes Documentais, na súa edición do 2023. O festival concédelle o galardón «polo seu talento excepcional e pola súa cautivadora narración».

O All That Moves International Film Festival lévase a cabo en Sâo Paulo (Brasil) e ten como obxectivo promover a participación e a integración entre a comunidade artística, vinculada dalgunha maneira ás producións narrativas, e as comunidades que normalmente non se inclúen nas producións audiovisuais que adoitan mostrarse en festivais de todo o mundo.

Carlos Lorenzo manifesta a súa alegría polo premio e porque sexa concedido en Brasil, nun país do mundo lusófono que comparte raiceiras lingüísticas con Galicia.