Desde a India chéganos a concesión do premio ao Mellor Documental Internacional do Arjuntala International Film Festival.
Era a cuarta participación nun festival da India e nesta ocasión Cardoña fotos a 7 pesetas obtén o máximo premio da súa categoría.
Despois da Mención de Honra do Xurado concedida no Kolkata Shorts International Film Festival e do premio ao Mellor Director de Curtas Documentais no All That Moves International Film Festival, de Sâo Paulo en Brasil, este é o terceito galardón que obtén o noso documental.
