A Rede Galega de Bibliotecas conta cunha programación promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, cun extenso catálogo de actividades que poden escoller as bibliotecas adheridas. Por segundo ano consecutivo o documental Cardoña fotos a 7 pesetas está incluído no catálogo de LER CONTA MOITO que é como se denomina a programación. Para as bibliotecas ofrécese a proxección e o coloquio co director. No ano 2023 a actividade foi escollida por bibliotecas públicas como a de Moeche, que organizou a sesión para un Obradoiro de Memoria no que persoas do terceira idade lembraron o traballo do fotógrafo popular que traballaba nesa comarca.

Outro amplo catálogo de propostas escénicas e audiovisuais é a REDE CULTURAL da Deputación da Coruña, coa que os concellos da provincia poden configurar as súas programacións. A proposta que se ofrece na Rede Cultural é a proxección do documental, puidendo contar como actividade complementaria coa participación do director Carlos Lorenzo para un coloquio cos espectadores.

Ambos dous programas posibilitan a exhibición da película en centros culturais públicos, contando co cofinanciamento tanto da Deputación da Coruña como da Xunta de Galicia.