O certame brasileiro Arraial Cine Fest ven de levar a cabo a edición do 2024 no que o xurado concedeu a Cardoña fotos a 7 pesetas o premio á Mellor Curtametraxe Documental e o premio de Mellor Filme Internacional. Con estes dous recoñecementos, o documental suma xa 7 premios internacionais.
O equipo da película amósase moi contento pola acollida que está a ter o filme en certames internacionais, e salienta o feito de que nos dous festivais de Brasil nos que participou, nambos obtivo premios. O outro festival foi o All That Moves International Film Festival, no que Carlos Lorenzo recibiu o premio ao Mellor Director de Curtas Documentais.