María Barcala, voz en off en Cardoña fotos a 7 pesetas e unha das mellores actrices de teatro en Galicia, recibiu o Premio de Honra Marisa Soto que concede a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O galardón foille entregado na gala dos XXVIII Premios de Teatro María Casares, que organiza a devandita entidade e que recoñece o mellor do teatro galego.
María é unha das actrices de referencia e pioneira en moitas facetas do fornecemento dun teatro profesional en Galicia. Coa súa compañía Teatro do Atlántico, xunto a Xulio Lago, ten representado algunhas das personaxes que sempre permañecerán na memoria dos afeccionados das artes escénicas.
Carlos Lorenzo, director e produtor de Cardoña fotos a 7 pesetas, quixo contar coa voz invisible de María Barcala, convencido de que non só sería unha voz que falaría de José Gestal, senón que contribuiría a darlle o acento emocional que pretendía no documental. O recitado poema de Emma Pedreira ao remate da pelicula é mostra do acerto do director.
Todo o equipo de Cardoña fotos a 7 pesetas está moi cotento polo recoñecemento da compañeira María Barcala, a quen felicítaa polo premio.

Foto tomada da canle de Youtube dos Premios de Teatro María Casares