A Sección Oficial de Mellor Curtametraxe Documental Internacional da quinta edición do Fotofilm International Short Film Festival de Turquía escolleu Cardoña fotos a 7 pesetas para competir con outros documentais de Chipre (BonBon Track in Cyprus), Estados Unidos (What Happened To You), Francia (Mission microbiome) e Suíza (Torn: The IVF Journey). O festival terá lugar do 24 ao 26 de abril en Estambul.

Con esta selección, o documental de Carlos Lorenzo xunta un total de 22 seleccións en festivais internacionais.