Desde o Reino Unido, do Milton Keynes International Film Festival, recibimos a nova de que Cardoña fotos a 7 pesetas foi merecedor do Premio á Mellor Edición para Documentais en lingua non inglesa. Para o equipo da película supón unha gran satisfacción obter un premio dun festival coma este, no que son milleiros de persoas as que visualizan as producións a través de Alt Cineplex.
Este premio é un recoñecemento ao excelente traballo realizado por Manuel Macou, editor do documental, que fixo un traballo exquisito, atrevido nalgún caso, cun resultado final que supón un dos sinais de identidade da película.
Con este premio, Cardoña fotos a 7 pesetas suma xa 9 recoñecementos en festivais internacionais.
