Cardoña (José Gestal) foi un dos moitos fotógrafos espallados por Galicia que traballaban dun xeito ambulante como un medio vida que lle permitía obter ingresos para subsistir. Cardoña era un obreiro da foto.
O seu traballo humilde converteuse sen el sabelo nun legado documental que hoxe serve para afondar no coñecemento da Galicia rural de boa parte do século XX. A súa filla Matilde e fotógrafos e expertos como Xurxo Lobato, Xoán Piñón, Carlos Castelao e Manuel Sendón cóntannos como era aquel oficio e homenaxean a quen contribuíu a que permanecera viva a nosa memoria.