O ESCRITOR E EDITOR MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO DESTACA O ÉXITO DE CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS

Miguel Anxo Fernán Vello, un dos intelectuais e principais figuras da cultura galega, dedicou o seu artigo semanal que publican os xornais El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra, ao documental Cardoña fotos a 7 pesetas, salientando del «que se está a converter nun dos máis importantes fenómenos culturais dos últimos tempos». A continuación […]
TURQUÍA ACOLLE ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ NO FOTOFILM 5TH INTERNATIONAL SHORT FILM FESTIVAL

A Sección Oficial de Mellor Curtametraxe Documental Internacional da quinta edición do Fotofilm International Short Film Festival de Turquía escolleu Cardoña fotos a 7 pesetas para competir con outros documentais de Chipre (BonBon Track in Cyprus), Estados Unidos (What Happened To You), Francia (Mission microbiome) e Suíza (Torn: The IVF Journey). O festival terá lugar […]
MARÍA BARCALA RECIBE O PREMIO MARISA SOTO DA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA

María Barcala, voz en off en Cardoña fotos a 7 pesetas e unha das mellores actrices de teatro en Galicia, recibiu o Premio de Honra Marisa Soto que concede a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O galardón foille entregado na gala dos XXVIII Premios de Teatro María Casares, que organiza a devandita entidade […]
O INDIAN WORLD FILM FESTIVAL CONCÉDELLE A ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ UNHA MENCIÓN ESPECIAL

O certame Indian World Film Festival, de Hyderabad na India, ven de concederlle na súa oitava edición unha Mención Especial a Cardoña fotos a 7 pesetas. Este é un dos festivais da India que máis propostas reciben para a optar a formar parte da súa programación oficial e optar a algúns dos premios que conceden […]
O ARRAIAL CINE FEST DE BRASIL CONCÉDELLE DOUS PREMIOS A ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’

O certame brasileiro Arraial Cine Fest ven de levar a cabo a edición do 2024 no que o xurado concedeu a Cardoña fotos a 7 pesetas o premio á Mellor Curtametraxe Documental e o premio de Mellor Filme Internacional. Con estes dous recoñecementos, o documental suma xa 7 premios internacionais. O equipo da película amósase […]
ENTREVISTA A CARLOS LORENZO EN RADIO NACIONAL DE ESPAÑA EN GALICIA

Rosalía Martínez fíxolle unha entrevista a Carlos Lorenzo, director de Cardoña fotos a 7 pesetas, para falar da idea do documental, do fotógrafo José Gestal, do valor do seu traballo e do percorrido e boa acollida que está a ter a película en festivais internacionais. A entrevista emitiuse en Radio de Nacional de España e […]
CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS XA FOI SELECCIONADO EN 20 FESTIVAIS INTERNACIONAIS DE CINE DE 11 PAÍSES DIFERENTES

Coa última selección comunicada polo equipo organizador do The Film Tuition International Festival de Pakistán, Cardoña fotos a 7 pesetas acumula xa unha vintena de seleccións en certames internacionais de cine. Os festivais e os premios acadados ata agora son os seguintes: O produtor e director do documental, Carlos Lorenzo, agarda que o número de […]
CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS ESTARÁ DISPONIBLE NA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E EN LER CONTA MOITO DA XUNTA DE GALICIA

A Rede Galega de Bibliotecas conta cunha programación promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, cun extenso catálogo de actividades que poden escoller as bibliotecas adheridas. Por segundo ano consecutivo o documental Cardoña fotos a 7 pesetas está incluído no catálogo de LER CONTA MOITO que é como se denomina a programación. Para […]
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL INTERNACIONAL NO NORTHSTAR FILMFARE IFF

Desde o festival indio Northstar Filmfare International Film Festival chega o premio ao MELLOR DOCUMENTAL INTERNACIONAL para Cardoña fotos a 7 pesetas. É un novo galardón que enche de alegría a todo o equipo da película. Na comunicación que recibiu o noso director e produtor, os responsables do festival manifestan o seguinte: Querido Carlos Lorenzo, […]
CARLOS LORENZO PREMIADO COMO MELLOR DIRECTOR NO ALL THAT MOVES INTERNATIONAL FILM FESTIVAL DE BRASIL

O xurado do festival brasileiro All That Moves ven de premiar a Carlos Lorenzo como Mellor Director de Curtametraxes Documentais, na súa edición do 2023. O festival concédelle o galardón «polo seu talento excepcional e pola súa cautivadora narración». O All That Moves International Film Festival lévase a cabo en Sâo Paulo (Brasil) e ten […]