O FESTIVAL ARFF AMSTERDAM E O GIFFI DA INDIA SELECCIONAN «CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS» PARA AS SÚAS SECCIÓNS OFICIAIS
‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ continúa sumando presenza en festivais internacionais de cine. Agora veñen de comunicar a selección para as seccións oficiais do festival Around International Film Awards de Amsterdam e a do Global Independet Film Festival of India, que se leva a cabo en Calcuta. Ámbos os dous son certames que perseguen escoller […]
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA PROMOVE A PRESENTACIÓN DE ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ EN 5 CONCELLOS DA PROVINCIA
A sección de Cultura da Deputación da Coruña pon en marcha unha programación cultural propia á que denomina 4×3 Outono e da que forma parte o documental «Cardoña fotos a 7 pesetas«. A acción cultural da Deputación da Coruña desenvólvese fundamentalmente a través de liñas que buscan favorecer os proxectos e iniciativas dos concellos e […]
O FESTIVAL BARCIFF DE BARCELONA INCLÚE NA SÚA SECCIÓN OFICIAL A ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’
O Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIFF) seleccionou ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ para incorporalo á sección oficial de Curtametraxes Documentais. BARCIFF é un festival de cinema internacional con proxeccións mensuais de Barcelona, España, e membro de IBERIFF • Iberia Indie Film Festivals, que celebra e proxecta novas producións e artistas independentes de todas partes do […]
O OUFF28 (OURENSE FILM FESTIVAL 2023) SELECCIONOU ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ PARA O CICLO ‘SESIÓNS ESPECIAIS’
O OUFF28, que se desenvolverá en Ourense do 29 de setembro ao 9 de outubro de 2023, escolleu ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ para proxectalo na súa sección non competitiva de Sesións Especiais. O Cineclube Padre Feijóo acollerá este ciclo. No caso da nosa película, presentarase o martes 3 de outubro ás 22:00 h. nunha […]
CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS NA 45ª SEMANA DE CINE DE LUGO PARA HOMENAXEAR A ANXO ARIAS E A JOSÉ GESTAL
Cardoña fotos a 7 pesetas formou parte das películas seleccionadas na 45ª Semana de Cine de Lugo, na sección Homenaxes. O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu a proxección do documental despois de que a Agrupación Fotocinematográfica Fonmiñá, organizadora do festival lugués, rendera homenaxe ao fotógrafo Anxo Arias, de Foto Oliver en Viveiro, […]
O FESTIVAL INTERNACIONAL FESCILMAR ACOLLERÁ ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ NA SÚA SECCIÓN OFICIAL DE DOCUMENTAIS
O Festival Internacional FESCILMAR ven de facer pública a selección de filmes que participarán nas diversas seccións oficiais. ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ forma parte das 11 curtametraxes que competirán na sección de documentais. FESCILMAR – Festival Internacional de Curtametraxes, abre a súa sesión España na súa terceira edición, con proxección en Venezuela; difundindo e […]