COA PARTICIPACIÓN NO TINFF DE TORONTO, CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS ACADA PARTICIPAR EN 29 FESTIVAIS EN 15 PAÍSES DIFERENTES

O Toronto International Nollywood Film Festival ven de comunicar a participación na súa sección oficial de Cardoña fotos a 7 pesetas, optando a premio na modalidade de Mellor Curtametraxe Documental e na de Mellor Curtametraxe Europea. Nesta última categoría o documental sobre José Gestal compite con outras 11 películas, das cales 5 son producións españolas, […]

PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL INTERNACIONAL NO NORTHSTAR FILMFARE IFF

Desde o festival indio Northstar Filmfare International Film Festival chega o premio ao MELLOR DOCUMENTAL INTERNACIONAL para Cardoña fotos a 7 pesetas. É un novo galardón que enche de alegría a todo o equipo da película. Na comunicación que recibiu o noso director e produtor, os responsables do festival manifestan o seguinte: Querido Carlos Lorenzo, […]

PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO ARJUNTALA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL

Desde a India chéganos a concesión do premio ao Mellor Documental Internacional do Arjuntala International Film Festival. Era a cuarta participación nun festival da India e nesta ocasión Cardoña fotos a 7 pesetas obtén o máximo premio da súa categoría. Despois da Mención de Honra do Xurado concedida no Kolkata Shorts International Film Festival e […]