UN NOVO PREMIO PARA O DOCUMENTAL SOBRE CARDOÑA

Desde o Reino Unido, do Milton Keynes International Film Festival, recibimos a nova de que Cardoña fotos a 7 pesetas foi merecedor do Premio á Mellor Edición para Documentais en lingua non inglesa. Para o equipo da película supón unha gran satisfacción obter un premio dun festival coma este, no que son milleiros de persoas […]
FESTIVAIS EN BOS AIRES E BADAXOZ ESCOLLEN ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ PARA AS SÚAS SECCIÓNS OFICIAIS

O Oyola Fabián Festival Internacional de Cine Documental presentará na súa Sección Oficial o documental Cardoña fotos a 7 pesetas. Este certame, que chega á súa terceira edición, lévase a cabo na localidade extremeña de Segura de León (Badaxoz) do 19 ao 24 de agosto de 2024. Para esta ocasión, a organización do OFFCINEDOC recibiu […]
O INDIAN WORLD FILM FESTIVAL CONCÉDELLE A ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ UNHA MENCIÓN ESPECIAL

O certame Indian World Film Festival, de Hyderabad na India, ven de concederlle na súa oitava edición unha Mención Especial a Cardoña fotos a 7 pesetas. Este é un dos festivais da India que máis propostas reciben para a optar a formar parte da súa programación oficial e optar a algúns dos premios que conceden […]
O ARRAIAL CINE FEST DE BRASIL CONCÉDELLE DOUS PREMIOS A ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’

O certame brasileiro Arraial Cine Fest ven de levar a cabo a edición do 2024 no que o xurado concedeu a Cardoña fotos a 7 pesetas o premio á Mellor Curtametraxe Documental e o premio de Mellor Filme Internacional. Con estes dous recoñecementos, o documental suma xa 7 premios internacionais. O equipo da película amósase […]
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO ARJUNTALA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL

Desde a India chéganos a concesión do premio ao Mellor Documental Internacional do Arjuntala International Film Festival. Era a cuarta participación nun festival da India e nesta ocasión Cardoña fotos a 7 pesetas obtén o máximo premio da súa categoría. Despois da Mención de Honra do Xurado concedida no Kolkata Shorts International Film Festival e […]
CARLOS LORENZO PREMIADO COMO MELLOR DIRECTOR NO ALL THAT MOVES INTERNATIONAL FILM FESTIVAL DE BRASIL

O xurado do festival brasileiro All That Moves ven de premiar a Carlos Lorenzo como Mellor Director de Curtametraxes Documentais, na súa edición do 2023. O festival concédelle o galardón «polo seu talento excepcional e pola súa cautivadora narración». O All That Moves International Film Festival lévase a cabo en Sâo Paulo (Brasil) e ten […]
O FESTIVAL ARFF AMSTERDAM E O GIFFI DA INDIA SELECCIONAN «CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS» PARA AS SÚAS SECCIÓNS OFICIAIS

‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ continúa sumando presenza en festivais internacionais de cine. Agora veñen de comunicar a selección para as seccións oficiais do festival Around International Film Awards de Amsterdam e a do Global Independet Film Festival of India, que se leva a cabo en Calcuta. Ámbos os dous son certames que perseguen escoller […]
O FESTIVAL BARCIFF DE BARCELONA INCLÚE NA SÚA SECCIÓN OFICIAL A ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’

O Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIFF) seleccionou ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ para incorporalo á sección oficial de Curtametraxes Documentais. BARCIFF é un festival de cinema internacional con proxeccións mensuais de Barcelona, España, e membro de IBERIFF • Iberia Indie Film Festivals, que celebra e proxecta novas producións e artistas independentes de todas partes do […]
O OUFF28 (OURENSE FILM FESTIVAL 2023) SELECCIONOU ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ PARA O CICLO ‘SESIÓNS ESPECIAIS’

O OUFF28, que se desenvolverá en Ourense do 29 de setembro ao 9 de outubro de 2023, escolleu ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ para proxectalo na súa sección non competitiva de Sesións Especiais. O Cineclube Padre Feijóo acollerá este ciclo. No caso da nosa película, presentarase o martes 3 de outubro ás 22:00 h. nunha […]
CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS NA 45ª SEMANA DE CINE DE LUGO PARA HOMENAXEAR A ANXO ARIAS E A JOSÉ GESTAL

Cardoña fotos a 7 pesetas formou parte das películas seleccionadas na 45ª Semana de Cine de Lugo, na sección Homenaxes. O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu a proxección do documental despois de que a Agrupación Fotocinematográfica Fonmiñá, organizadora do festival lugués, rendera homenaxe ao fotógrafo Anxo Arias, de Foto Oliver en Viveiro, […]