ENTREVISTA A CARLOS LORENZO EN RADIO NACIONAL DE ESPAÑA EN GALICIA

Rosalía Martínez fíxolle unha entrevista a Carlos Lorenzo, director de Cardoña fotos a 7 pesetas, para falar da idea do documental, do fotógrafo José Gestal, do valor do seu traballo e do percorrido e boa acollida que está a ter a película en festivais internacionais. A entrevista emitiuse en Radio de Nacional de España e […]
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL INTERNACIONAL NO NORTHSTAR FILMFARE IFF

Desde o festival indio Northstar Filmfare International Film Festival chega o premio ao MELLOR DOCUMENTAL INTERNACIONAL para Cardoña fotos a 7 pesetas. É un novo galardón que enche de alegría a todo o equipo da película. Na comunicación que recibiu o noso director e produtor, os responsables do festival manifestan o seguinte: Querido Carlos Lorenzo, […]
O FESTIVAL ARFF AMSTERDAM E O GIFFI DA INDIA SELECCIONAN «CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS» PARA AS SÚAS SECCIÓNS OFICIAIS

‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ continúa sumando presenza en festivais internacionais de cine. Agora veñen de comunicar a selección para as seccións oficiais do festival Around International Film Awards de Amsterdam e a do Global Independet Film Festival of India, que se leva a cabo en Calcuta. Ámbos os dous son certames que perseguen escoller […]
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA PROMOVE A PRESENTACIÓN DE ‘CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS’ EN 5 CONCELLOS DA PROVINCIA

A sección de Cultura da Deputación da Coruña pon en marcha unha programación cultural propia á que denomina 4×3 Outono e da que forma parte o documental «Cardoña fotos a 7 pesetas«. A acción cultural da Deputación da Coruña desenvólvese fundamentalmente a través de liñas que buscan favorecer os proxectos e iniciativas dos concellos e […]
CARDOÑA FOTOS A 7 PESETAS NA 45ª SEMANA DE CINE DE LUGO PARA HOMENAXEAR A ANXO ARIAS E A JOSÉ GESTAL

Cardoña fotos a 7 pesetas formou parte das películas seleccionadas na 45ª Semana de Cine de Lugo, na sección Homenaxes. O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu a proxección do documental despois de que a Agrupación Fotocinematográfica Fonmiñá, organizadora do festival lugués, rendera homenaxe ao fotógrafo Anxo Arias, de Foto Oliver en Viveiro, […]