A páxina web do documental Vértice de Versos segue engadindo contidos que resultarán de interese e proveito para o coñecemento da poesía galega. Sobre todo serán materiais útiles para o profesorado do ensino secundario, aínda que conta con apartados que poden ser aproveitados en niveis inferiores.
Despois de contar con catro recursos didácticos dedicados a Baldo Ramos, Emma Pedreira, Gonzalo Hermo e Yolanda Castaño, protagonistas do documental, engádese un quinto no que se aborda a poesía galega contemporánea. Conta con diferentes exercicios que o profesorado poderá aproveitar de balde para o ensino da poesía galega máis recente, así como algúns dos seus principais autores ou as diversas manifestacións poéticas, entre outros temas.
Todo o material didáctico que ofrece Vértice de Versos está deseñado pola profesora Teresa Seara, colaboradora e participante no documental. Os recursos didácticos son un complemento ao documental, sobre todo á edición feita para o ensino, que ten unha duración de 50 minutos, facéndoa axeitada para ser visionada nunha hora lectiva.
En breve o equipo de Vértice de Versos facilitará para o profesorado que o desexe, os solucionarios dos cinco recursos.
Carlos Lorenzo, produtor e director de Vértice de Versos, maniféstase especialmente satisfeito por poder contribuír na difusión e o coñecemento da nosa poesía, cun material único e do que está seguro que será aproveitalo polos docentes de lingua e literatura galega, para facerlles máis atractiva ao seu alumnado a aprendizaxe dos principais aspectos da poesía feita en galego.
Prema aquí para acceder aos recursos didácticos de Vértice de Versos