Vértice de versos preséntase en Ponteceso, Sada e Mos co Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

As localidades de Ponteceso, Sada e Mos acollerán proxeccións de Vértice de versos promovidas polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e a Rede Dinamización Lingüística.

Organizado pola Fundación Eduardo Pondal , o IES de Ponteceso acollerá a proxección do documental e o coloquio do director, Carlos Lorenzo, co público. Será o venres 18 de decembro ás 12:00 h, dentro dos actos conmemorativos do día do himno de Galicia.

O Concello de Sada ten prevista a actividade ás 12:00 h. do domingo 20 de decembro na Capela de San Roque. Para asistir é necesario reservar entradas na web municipal.

A Fundación Pazo de Mos ofrecerá Vértice de versos ao seu público na tarde do mesmo domingo, ás 18:00 h, no que temén estará presente o director para manter unha conversa dos espectadores. Tamén é necesario contactar coa fundación para reservar localidades.

En todas as sesións agasallarase ás persoas presentes un dvd do documental.

 

 

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad