Os departamentos de Cultura dos concellos de Neda e Foz organizaron presentacións do documental, contando coa presenza do seu director, Carlos Lorenzo, que estivo acompañado en Neda por Xoán Curiel e en Foz por Yolanda Castaño e Emma Pedreira.
En Neda presentouse no marco das actividades que serviron para conmemorar marzo como mes da poesía e en Foz para celebrar as Letras Galegas.
Nas dúas sesións houbo animados coloquios sobre a nosa poesía e polo bo momento que está a pasar, No caso de Neda, Curiel interpretou algunhas das súas cancións máis recentes con letras da poesía galego-portuguesa medieval. Na Casa da Cultura Manuel María de Foz o público, entre o que se encontraba o artista plástico Caxigueiro, aproveitou para dialogar coas dúas dúas poetas e o director e gozar do recitado de poemas de Castaño e Pedreira.