Aumenta o repositorio de vídeopoemas de Vértice de versos

A sección de Vídeopoemas da web de Vértice de versos segue medrando con novas incorporacións. Nesta ocasión é unha peza co poema Búscote no alento que respiras de Olga Patiño, realizado por Carlos Lorenzo.

Entre as imaxes que aparecen no vídeopoema, salientar o gravado do artista José Valentín. A obra acompaña ao texto do poema no libro Atmosferas, dos que son autores Patiño e Valentín.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad