O director

Vértice de Versos é a primeira longametraxe documental de Carlos Lorenzo. A súa principal actividade profesional é a xestión cultural na administración pública. No artístico ten unha traxectoria como fotógrafo con diversos libros publicados e varias exposicións individuais e colectivas por Galicia.

No ámbito audiovisual estudou Produción na Escola de Imaxe e Son da Coruña.  Conta con experiencia como guionista, en diversas funcións de produción ou como coordinador de dobraxe en curtametraxes de animación como Unha viaxe rodada, Acceso  libre e Mellor, viaxar ou en traballos de vídeo industrial.

Para acometer este proxecto no que a poesía é tema central, é esencial a súa relación co mundo literario como coordinador técnico do premio de Poesía Concello de Carral, un dos certames mais importantes de Galicia.  No 2017, cando o certame cumpriu 20 anos, fixo xunto a Xosé A, Bocixa un documental que repasa as dúas décadas do premio (https://youtu.be/2wVp1xkzVoM).

En Vértice de Versos asume o rol de produtor, guionista e director.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento. Máis información

Este sitio web usa cookies para darte a mellor experiencia posíbel na túa navegación. Se continúas a utilizar este sitio web ou premes "Acepto" no banner de abaixo entón estas consentindo a ist

Close