Vértice de Versos preséntase en Boiro

A Asociación Cultural Barbantia, coa colaboración do Concello de Boiro, La Voz de Galicia e a Deputación da Coruña, presenta Vértice de Versos no Centro Social de Boiro. Será o venres 26 de outubro ás 20:30 h.

O documental será presentado polo director Carlos Lorenzo, que manterá ao final da proxección un coloquio cos asistentes.

No mesmo recinto abrirá ao público a exposición de Carlos Lorenzo e Olga Patiño, Territorio Acoutado, que mistura poesía e fotografía. A mostra estará presente ata o 23 de novembro.

Barbantia é unha activa asociación do Barbanza dedicada especialmente á literatura e que mantén un amplo programa de actividades.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad