Vértice de Versos xa está no catálogo de GaliciaLe

Xa está dispoñíbel para o seu visionado no catálogo de GaliciaLe, o documental Vértice de Versos. GaliciaLe é a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar. Dispón dun catálogo de obras audiovisuais, que é no que desde agora está incluído Vértice de Versos. As películas poden visionarse en liña. Para iso, é preciso dispor de conexión mediante wifi, datos móbiles etc. para iniciar o visionado. Pódese tomar en préstamo ata un máximo dunha película no catálogo galego e estará dispoñíbel durante un prazo de 48 horas. Se a película ou películas que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo dunha).

Esta é unha nova opción de balde para poder visionar Vértice de Versos. Tan só se precisa ser socio dalgunha das bibliotecas públicas galegas e dispor das claves de acceso a GaliciaLe.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad