Vértice de Versos abrirá o festival PontePoética9

O Festival Internacional de Poesía de Pontevedra PontePoética9, comezará a súa programación coa exhibición de Vértice de Versos na Casa das Campás. O documental, que presentará o seu director Carlos Lorenzo, proxectarase o mércores 10 de abril a partir das 19:30 h. Posterior á proxección, o poeta Ismael Ramos acompañará ao director nun faladoiro co público presente.

PontePoética é un festival que promove o Concello de Pontevedra, no que colabora o Ateneo de Pontevedra e que coordina Yolanda Castaño. Para a exhibición de Vértice de Versos cóntase coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

carloslorenzo_gal

Ver todas as publicacións
Este sitio web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad