Despois da presentación do dvd de Vértice de Verson na Libraría Numax de Santiago, será o Centro Social de Bueu o que acolla unha proxección do documental organizada pola Asociación de Veciños Banda do Río.
A proxección enmárcase dentro dun programa de actividades relacionadas coa poesía, na que participarán Miriam Ferradans, Lucía Novas e Baldo Ramos, que tamen arrouparán a Carlos Lorenzo (director) e Manuel Macou (editor do documental e natural de Bueu) no coloquio que manterán cos espectadores despois da proxección.
Vértice de Versos ofrecerase o sábado 26 de xaneiro ás 20:00 h. A entrada é libre ata completar o aforo.